Qué é Pupa?

Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.
Pupa é todo o que cura a pupa.

* Eventos

A nosa programación aposta por encontros onde a conversa e as prácticas artísticas se entrelazan para facer da arte e cultura un lugar de resistencia, comunidade e transformación.

Crisálide

 Centro Xove de Creación Cultural (Santiago de Compostela).

  7 de novembro de 2026. Comezamos ás 17:00h. Entrada libre e gratuita, ate completar aforo.

Crisálide é unha cápsula temporal que se abre anualmente no Centro Xove para acoller diferentes propostas artísticas e culturais. 🧚 

  Programación:

Evento en colaboración con: Centro Xove de Creación Cultural, Centro Cívico da Almáciga, Concello de Santiago de Compostela e Concellería de Mocidade de Santiago de Compostela. 

Convocatoria aberta

Abrimos unha convocatoria para instalacións artísticas que se mostrarán durante o evento Crisálide o día 7 de Novembro.

Un día no que crearemos unha cápsula temporal para a cultura e arte alternativa, da que xorderán espectáculos de danza, drag e música. Queremos que tamén vos formedes parte coa vosa arte!

Admítense propostas de temática e formato libre. Dotarase económicamente cada instalación con 280€. A convocatoria está dirixida para artistas de entre 16 e 35 anos.

Para consultar as bases da convocatoria e enviar as vosas propostas:

En caso de dúbidas, e como método alternativo para enviar o dossier, podedes contactarnos a través de arte@pupacolectiva.com

Convocatoria
Convocatoria2

* Pupa é colectiva

Somos unha plataforma de programación de eventos culturais e artísticos, comprometida co fortalecemento e a diversidade do tecido cultural.

Queremos abrir espazos de creación artística: artes visuais, cine, música, entendida como un proceso colectivo, político e cicatrizante.

Pretendemos construir un lugar participativo, colaborando con colectivos, artistas e asociacións cos que compartimos unha visión da creación artística dende a inclusión e a diversidade. Buscamos artistas que queiran conversar, compartir experiencias e encontrarse, co desexo común de crear e tecer redes.

* Pupa é curtametraxe

Pupa é un ensaio fílmico de realismo máxico dirixido por Antía Carreira, relatado a partir de experiencias de personas trans e non binarias.

A reflexión sobre a identidade e os coidados colectivos nárrase a través de imaxes fantásticas, fundindo motivos naturais e cirúrxicos.

Proxeccións e premios

Pupa conta con dúas liñas de distribución: unha en colaboración con La Machina, e outra máis flexible, orientada a espazos e proxectos autoxestionados.

A obra inicia o seu percorrido en 2025 dentro da programación Cinex Braga 25 (Braga, Portugal), proxectándose por primeira vez en maio dese ano. Pupa continúa a súa traxectoria no Festival Internacional de Cinema Curtocircuito (Santiago de Compostela), en xullo de 2025, onde consegue o Premio Supernova.

A peza tamén se presenta na segunda edición do evento Buena Pregunta (A Coruña), e no espazo Leira Haus (Lugo), ambas proxeccións no mes de setembro. A curta chega aos Premios Fouciño (Baio, A Coruña) en outubro de 2025, onde é premiada na categoría xeral.

Falamos?


Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Grazas por visitar a nosa web!
Scroll al inicio